viernes, 24 de septiembre de 2010

Joaquín Enríquez: "Representar a España no mundial faime gran ilusión”


VANESSA MUNÍN SANTIAGO
Hoxe por hoxe é un dos mellors talentos galegos na nova xeración do acordeón. Joaquín Enriquez Díaz, un mozo ferrolán de dezanove anos, vén de acadar o terceiro posto no Trofeo Nacional Xacobeo, no Certame Nacional de Ourense. Desta forma será un dos cinco representantes de España no LX Trofeo Mundial de Acordeón, que se celebra en Vigo.

¿Como comezou o teu gusto polo acordeón?

A min sempre me gustou a música. Un día falando cuns amigos da familia, dos que a filla tamén ía a clases de acordeón, dixéronme que por que non ía eu a ver se me gustaba. Empecei, fixen a proba de acceso a grao elemental en Viveiro e aprobei coa nota Apto máis. En Ferrol non había o grao de acordeón por aquel entón. Só había o grao medio nos conservatorios de Viveiro, Culleredo e en Carballo. Pero recollemos firmas e conseguiuse que se impartira. Entón vin para aquí, Ferrol, a cursalo, pero cando tiña cuarto grao de elemental deixeino porque os horarios eran incompatibles cos estudos de ESO. Foi nese momento cando empecei as clases co profesor asturiano Javier Díaz.

¿Como foi a experiencia co profesor Javier Díaz Carrasco?

Con el foi co que aprendín toda a técnica que agora teño, como por exemplo utilizar a man dereita e a man esquerda. Ademais, ensinoume a poder amar a música, algo que no conservatorio, con tanto abafo e tanta presión se esquece un pouco. Debo levar arredor de sete anos asistindo ás súas clases.

Recibiches numerosos premios ¿cal deles che fixo máis ilusión?

O que recibín este ano no Certame Nacional de Acordeón de Ourense, porque me permite participar como representante de España, xunto cos meus catro compañeiros neste Trofeo Mundial de Acordeón en Vigo. Representar a España nun campionato mundial é o que fai máis ilusión, moi grande. A nivel nacional xa participei máis veces, pero en categorías que non eran clasificatorias a nivel mundial. Tamén participei en Torrelavega nun certame internacional pero nunca destas características.

¿Como te sentiches na actuación na Casa de Galicia en Madrid?

Foi grazas a un amigo de Ferrol que está alí traballando. Comezou todo un pouco en plan broma. Díxenlle que a ver se me levaba a tocar alí e dixo que iso estaba feito. Ao final fíxose realidade e foi unha auténtica gozada poder gozar do ambiente que se vive fóra da terra, como se están levando a cabo estas actividades e como se potencia a nosa música e as nosas tradicións. Tiven unha moi boa acollida, tanto do director que estaba naquel momento, Antonio Sobrado Palomares, como da xefa de prensa, do coordinador cultural; non teño máis que boas palabras para todos eles.

¿Como está sendo a acollida do disco 'Misturas'?

O disco hai un ano que se presentou. De momento a xente estao acollendo bastante ben, pero

tal e como estamos coa crise sempre custa un pouco máis difundir

esta arte.

Compós pezas musicais propias, ¿desde cando?, ¿en que te inspiras para facelo?

A primeira peza que compuxen

foi o ano pasado, coincidindo co disco de Misturas. A Asociación de Veciños de Esmelle foi o primeiro lugar onde actuei, entón quería facer algo para darlle as grazas dalgunha forma. Un día na miña casa empecei a escribir catro versos intentando que rimara, a continuación fun poñéndolles música e vin que soaba ben. Entón dixen: ''Pois imos continuar''. Entregueilles a partitura aos veciños de Esmelle e foi a partir de aí. Logo en Serantes, non sei se por pique ou porque lles gustou o de Esmelle, pedíronme tamén unha letra con música. Está previsto que se estree agora en setembro ou outubro. Será tocada pola coral Ecos de Chamorro no auditorio da Universidade da Coruña.

É un pouco difícil responder á pregunta de en que me inspiro, penso algunhas palabras, cousas do lugar, por exemplo en Serantes, a Ermida de Chamorro, e logo vou encaixando versos ata que digan algo bonito.

¿Por que decidiches colaborar coa Asociación de Enfermos de Alzheimer de Ferrol?

A miña avoa sufriu esa enfermidade e sei que é unha doenza que require moita atención. A música sérvelles como terapia e é o último que realmente esquecen. Se lles podo facer ben aos demais, alí estou eu. Ademais, meu irmán está nunha asociación, e cando me chama alá vou axudar coas mans abertas coa miña música. Este ano participei tamén coa rondalla Sonidos del alba, de Ferrol, coa miña música, nun festival solidario que realiza tódolos anos esta entidade.

tendencias@elcorreogallego.es

2 comentarios:

  1. Declaraciones de J.Enríquez sobre el mundial:

    Lo primero que debo es destacar el gran éxito de la organización del certamen de este año llevada a cabo por la Asociación Galega de Acordeonistas con Daniel Rodríguez al frente; por esa parte sólo puedo darles mi enhorabuena y todas mis palabras son de agradecimiento por saber hacer del evento un vínculo de contacto entre gentes de diversos países y con distintas culturas que, a pesar de las diferencias interculturales, estamos relacionados por una misma cuestión: el amor a la música y a nuestro instrumento el acordeón.

    Así que Bravo! por la asociación galega de Acordeonistas y por Daniel porque no siempre es fácil llevar a cabo un evento de estas características.

    Por otra parte me ha dado pena que no se han acercado hasta Vigo todos los alumnos y la gente relacionada con el acordeón de Galicia suficiente si nos paramos a pensar en lo difundido que esta nuestro instrumento en nuestra tierra (conservatorios,aficionados,escuelas de música, asociaciones de acordeón...) ; pues un evento de estas características es muy difícil que se pueda volver a repetir pronto en Galicia (...) yo aunque no hubiera sido seleccionado me habría acercado algún día o al menos intentado acercar para disfrutar del nivel que existe en otros países, nivel del que los acordeonistas de España estamos a años luz.

    ResponderEliminar
  2. Sitio oficial en construcción sobre el paso de J Enríquez Por el mundial

    http://joaquinenriquezmundial.blogspot.com/

    ResponderEliminar